CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Unha biblioteca en pleno areal de Samil para fomentar o uso do galego

Publicado o 06/07/2018 21:22






Praia e cultura non son incompatibles, e de feito van da man este mes de xullo na praia de Samil. O areal vigués propón unha iniciativa innovadora: unha biblioteca para fomentar o uso do galego que vai acompañada de actividades para os máis cativos.


Esta é a biblioteca coas vistas mais espectaculares... está na praia de Samil, na zona da Argazada, e durante o mes de xulio fomentará o uso do galego no areal vigués.

Só hai que presentar o DNI para obter o carné de usuario. O servizo funciona de luns a venres de dez a unha e media, e das catro ás oito da tarde.

Hai agasallos de benvida para os novos usuarios, outros semanais para os lectores mais activos e mesmo un certame de comentario de libros. Este programa de dinamización da lingua galega incorpora ademais actividades para os mais cativos cunha completa axenda de contacontos, de xogos e música. É o caso desta 'Carola, a carteira centola', que recrea toda unha revolución debaixo do mar.

Os libros ao sol está disponible para todos os públicos e non se desbota que se amplie no tempo... e nos areais

Telexornal Serán

06/07/2018