CRTVG

Buscar

Unha base arxetina rexistra 18,3º na Antártida

Publicado o 07/02/2020 21:02
Unha base arxetina rexistra 18,3º na Antártida

As temperaturas na Antártida baten marcas. Unha base arxentina rexistrou algo máis de 18 graos. A anterior marca é de 2015 cando se acadaron os 17 graos e medio. A organización meteorolóxica mundial asegura que son temperaturas que non se asocian á Antártida nin sequera no verán. Á espera de verificar o dato, os expertos insisten en que a zona da Antártida máis próxima ao sur de América do Sur é a que máis axiña está quentándose.
 

Noticias web

07/02/2020