CRTVG

Buscar

Unha banda croata é a principal sospeitosa da vaga de roubos en pisos do centro de Vigo

Publicado o 24/07/2019 14:19

Teñen sempre o mesmo xeito de asaltar as vivendas: chamar ao timbre de diferentes pisos para comprobar se hai alguén na casa. Ao comprobar que está baleira, levan consigo un plástico que empregan para abrir as portas e un desaparafusador que usarían cando a pechadura se complicase. A Policía Nacional en Vigo detectou que se trata, posiblemente, dunha banda croata, formada sobre todo por mulleres, e que vén de actuar noutras cidades españolas.

De feito, na avenida das Camelias, en Vigo, trataron de acceder a algunha vivenda neste portal sen conseguilo finalmente, e, por outra banda, a policía detivo un home que, supostamente, roubou dúas bicicletas do rocho dun edificio da rúa Marqués de Valladares.

Ante estes feitos, a Policía Nacional lanza unha campaña de información aconsellando hábitos que son de sentido común, pero que serven para impedir en moitos casos un posible roubo. Está claro que o verán é un momento do ano ideal para cometer roubos, as cifras así o indican.

Noticias web

24/07/2019