Unha banda coruñesa fai un concurso nas redes para levar o confinamento
Publicado o 20/04/2020 14:41
Ahora te toca a ti. É a proposta que a banda coruñesa Lesuiteband fai a través das redes sociais aos seus seguidores para facer máis levadeiro este tempo de illamento. Unha homenaxe a todo o público que teña ganas de divertirse e de compartir o músico que leva dentro.
A participación está aberta a maiores de 14 anos con autorización paterna. A versión poderá ser cantada ou instrumental con liberdade musical e escénica. Unha aposta que combina música e diversión e que premiará os mellores vídeos.
Pero non será o único. Os vídeos poderán enviarse ata o domingo 26 de abril. O día 27 publicaranse todos xuntos e comezarán as votacións.
Tras trece anos enriba dos escenarios, neste tempo de illamento tiran do humor para dicir...