CRTVG

Buscar

Unha balea recupera o móbil dunha turista do fondo do mar

Publicado o 10/05/2019 22:43

Uns pescadores de Noruega atoparon hai uns días unha balea beluga cun arnés que levaba o nome de "Equipo San Petersburgo". O caso é que, nese mesmo barco, a unha turista caeulle o móbil á auga e cal foi a sorpresa cando a beluga, desprovista xa de arnés, non dubidou en rescatalo e devolverllo. Descoñécese se se trata dunha balea espía e se foi adestrada polo Goberno ruso para resolver este tipo de situacións pero, sexa como for, a turista estaralle agradecida de por vida. Si si, a unha balea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019