CRTVG

Buscar

Unha axencia estatal, o Instituto Científico do Patrimonio, para o novo edificio do Gaiás

Publicado o 12/04/2019 17:13

O edificio Fontán, que se constrúe na Cidade da Cultura de Galicia, vai acoller unha axencia científica estatal. Albergará o Instituto Científico do Patrimonio.

É froito dun acordo entre a Xunta de Galicia e o CSIC, o Cenro Superior de Investigacións Científicas. Este acahegará 2.400.000 euros nos próximos 20 anos para uso das instalacións e contribuirá anualmente cos gastos que xere. 60 investigadores permanentes estarán traballando neste novo edificio Fontán. Preténdese que sexa un referente estatal e no campo da investigación científica. Este mesmo edificio albergará tres usos novos do campo universitario galego.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura: "Súmase un novo uso que dalgún xeito vai reforzar o carácter de investigación, de reforzamento cultural, tamén todo o que ten que ver coa posta en valor do patrimonio, en definitiva estamos reforzando todo o edificio Fontán como un polo especializado en investigación universitaria de alto nivel".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019