Un ultralixeiro amara fronte á Guarda tras quedar sen batería
Alertábase da caída dunha avioneta na desembocadura do Miño e isto desencadeou en Portugal un amplo dispositivo de emerxencia. Afortundamanente, só se tratou dun problema técnico. Na avioneta viaxaban dúas persoas. O piloto explicou que o ultralixeiro quedou sen batería mentres sobrevoaba, e decidiu amarar. Ante unha posible situación de emerxencia trasladáronse ao lugar os bombeiros e a Policía Marítima de Caminha. Os ocupantes da avioneta quedaron ilesos e puideron retomar o voo.
#AXEGAInforma dunha avioneta que caeu á auga nas proximidades da Praia de Lamiña, na #Guarda, sen rexistrarse danos persoais. A aeronave foi remolcada por unha embarcación a Caminha. Alertouse a: @salvamentogob , @GardacostasGal, #PolicíaLocal e @guardiacivil. pic.twitter.com/EJ9e03SnB9
— 112Galicia (@112Galicia) October 15, 2019