CRTVG

Buscar

Unha avaría atrasa cinco horas o alvia Madrid-Ourense

Publicado o 19/06/2017 08:58

Os pasaxeiros chegaron a baixar coas súas pertenzas á vía para subir ao tren que remolcou o avariado. A causa da avaría foi o quecemento do motor da locomotora

Unha avaría atrasa cinco horas o alvia Madrid-Ourense

Con case cinco horas de atraso chegou a Ferrol e a Ourense o convoi que quedou parado na localidade ourensá da Mezquita. 

Os pasaxeiros chegaron a baixar coas súas pertenzas á vía para subirse o tren que remolcou o avariado. A causa da avaría foi o quecemento do motor da locomotora. Os viaxeiros denuncian que estiveron ata unha hora no interior dos vagóns sufrindo as altas temperaturas ata que lles abriron as portas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí