CRTVG

Buscar

Unha avaría deixou sen auga 4.000 veciños en Ribadavia por mor da rotura dunha tubaxe

Publicado o 27/09/2019 14:16

Foi unha veciña do barrio de Maquiáns, en Ribadavia, a que descubriu a rotura da tubaxe. Segundo a empresa concesionaria, Aqualia, a avaría produciuse xusto na rede xeral de abastecemento, rachou máis dun metro de tubaxe, a cinco metros de profundidade, e rebentou o camiño xusto á entrada do depósito, deixando sen auga o 90% da poboación de Ribadavia.

Deseguida comezaron a traballar para solucionar o problema, pero foi unha avaría importante, din que a máis grave dos últimos 25 anos da concesión. Máis de 4.000 veciños quedaron case dous días sen subministración, e os máis afectados foron os establecementos hostaleiros e comerciais.

Segundo o alcalde de Ribadavia e a empresa concesionaria, o servizo xa está restablecido en practicamente toda a vila, aseguran que seguen traballando na avaría e que hoxe a subministración volverá á normalidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019