Unha auxiliar de enfermería de Ferrol é o primeiro caso de reinfección por coronavirus detectado en Galicia
Publicado o 24/10/2020 13:23
Durante a primeira onda da pandemia someteouse a unha proba PCR que confirmou o contaxio. Foi a principios de abril e daquela pasou a enfermidade na casa con sintomatoloxía leve. Agora volveu dar positivo. Os expertos aseguran que as reinfeccións por coronavirus son casos excepcionais.