CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Unha asociación de embarcacións tradicionais do Grove reclama o uso dun peirao no porto

Publicado o 13/08/2015 20:49




Socios dun club de embarcacións tradicionais no Grove reclaman o uso dun peirao que está ocupado por artes de pesca. Deste xeito, queren ampliar as actividades da asociación con accións promocionais das dornas.

Esta é a perigosa manobra que os membros da Asociación Amigos da Dorna Meca teñen que facer para embarcaren nas súas dornas no porto do Grove.

"Cando quitamos os barcos temos que telos fondeados, temos que andar cos materiais polo dique, pode haber accidentes e de feito xa houbo bastantes escorregadas", explican desde o colectivo.

O colectivo, formado por 120 socios e dotado con case unha trintena de embarcacións tradicionais, reclama compartir cos mariñeiros o uso dun pantalán que só se emprega para almacenar artes de pesca. Din que só cómpre poñer un acceso.

"Non se trata de botar aos mariñeiros de aí, nin moito menos, simplemente compartilo, porque este pantalán xa tivo unha escada, poñerlle un acceso e, alomenos, medio pantalán compartilo con eles, porque nós recoñecemos que a eles tamén lle cómpre un punto para botar os seus materiais e ter o seu traballo cotián", afirman.

A asociación quere desenvolver actividades de promoción da dorna pero, aseguran, só poden facelo se melloran as súas condicións actuais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí