CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Unha Asociación Animalista de Santiago merca por un céntimo o burro que apareceu abandonado en Pena Trevinca

Publicado o 07/09/2017 14:34
O burro que apareceu abandonado nos montes de Trevinca xa ten dono.

Unha asociación de Santiago, Vacaloura santuario animal, farase cargo del. Salváronlle a vida porque se ninguén o mercaba ían a sacrificalo. Foi a única asociación interesada, levaron o burro por un céntimo de euro. Dende mediados de agosto ocupou unha leira na aldea de Ramilo, onde os veciños o foron coidando. Esta tarde Arturo, que así se chama o burro, xa vai gozar das instalacións desta sociedade animalista en Compostela.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí