CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Unha arxentina, de ascendencia galega, levou o tango por todo o mundo

Publicado o 17/01/2016 14:52
María Nieves Rego formou xunto a Juan Carlos Copes unha das parellas de tango máis famosas de todos os tempos.
Esta arxentina, de ascendencia luguesa, asegura que foron empresarios galegos residentes en norteamérica os que lle abriron as portas dos escenarios de Broadway e do mundo.

María Nieves formou xunto a Juan Carlos Copes unha das parellas de tango máis famosas do século XX.
Coñecéronse a finais dos anos 40 e xuntos triunfaron en Broadway, bailaron para o presidente estadounidense Ronald Reagan e percorreron o mundo a ritmo de 2x4 durante máis de 50 anos.


"El tango me levantó para poder ayudar a todos mis hermanos. Yo era el sostén de toda mi familia. Yo le debo todo al tango".
De pais lucenses, María Nieves recorda a extrema pobreza que viviu durante a infancia. Pero o afán de loita que lle transmitiu a súa nai deulle a forza suficiente para chegar a convertirse no referente tangueiro que representa hoxe.

"Me siento gallega porque por parte de padre y de madre.. todos gallegos".

A bailarina agradécelle tamén ó empresariado galego residente no exterior que lles abriran as portas dos escenarios internacionais cando só contaban cunha maleta chea de soños.

O filme "Un tango máis", unha coproducción arxentino-alemana que triunfa en festivais e salas de cine internacional, recolle agora a vida desta emblemática parella tangueira que soubo transformar o amor e o drama das súas vidas nunha coreografía.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí