CRTVG

Buscar

A Revista

Unha artista crea un retrete de luxo recuberto con pel de bolsos de Louis Vuitton

Publicado o 10/11/2017 13:17
O mundo da arte pode ser, en ocasións, un pouco surrealista. Para mostra, o que lles imos amosar deseguido.

É a obra que se lle ocorreu facer á artista Illma Gore: cubrir un retrete con pel de bolsos da firma de luxo Louis Vuitton, que previamente desfixo. 24 bolsos co logotipo da casa de moda francesa foron necesarios para construír esta peza, que foi exhibida esta mesma semana nunha galería dos Ánxeles, nos Estados Unidos.
Asegura que o retrete é totalmente funcional e está á venda por cen mil dólares.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

10/11/2017