CRTVG

Buscar

Unha área de servizo na A-8 ofrécelles ducha quente de balde aos camioneiros en ruta

Publicado o 08/02/2021 14:13

"Se dormes aquí, pola mañá polo menos poder asearse, no confinamento non se podía entrar a ningún sitio, podías pasar quince días sen asearte, polo menos agora tes este servizo". "É a unica con servizo de ducha".

Son algúns dos camioneiros que frecuentan unha área de servizo a carón da A-8, que dende o inicio da pandemia decidiu pór en marcha varias iniciativas solidarias para facilitárllela ruta aos camioneiros.

"Na maioría das áreas cóbranlles algo, 2 ou 3 euros. Eu teño claro que hai que apoiar, será sempre de balde, é un servizo que lle das aos camioneiros ", explica Carlos Folgueira, dono da área de servizo.

Aquí tamén poden adquirir un prato quente, que varía segundo o menú do día. Iso si, en formato friameira polas restricións vixentes na comunidade.

"Agora vou buscar o café, e despois ao mediodía, a friameira coa comida".

Os camioneiros agradecen variar da dieta do bocadillo, pero botan en falta poder sentar a comer fóra da cabina dos seus camións.

 "Comer quente dentro dos restaurantes das áreas, estamos comendo no posto de traballo"; "Almorzamos, comemos e ceamos no camión".

Cada día pasan por esta área de servizo uns 200 camións, medio cento deles elixen esta área para pasar a noite.

Noticias web

08/02/2021