CRTVG

Buscar

Unha app facilita as citas para as confesións co sacerdote máis próximo

Publicado o 08/02/2021 15:34

Tal e como explica o sacerdote José Carlos López, a Igrexa bota man da tecnoloxía para facilitarlles as cousas aos fregueses en tempos de pandemia. Unha aplicación móbil permite localizar un sacerdote e pedir unha cita para confesarse.

Quen queira confesarse tan só ten que descargar unha aplicación móbil, Confesor Go, que a través dun xeolocalizador permite atopar un sacerdote e informa dos seus horarios de confesión e o lugar. A aplicación funciona a nivel mundial e desde o comezo da pandemia está a gañar máis usuarios. 

A aplicación localiza o sacerdote máis próximo e ofrece información sobre os seus horarios de confesión, tal e como explica o sacerdote José Carlos López.

Unha ferramenta que en tempos de pandemia amplía a súa función, ao evitar que se xunte moita xente.

A iniciativa ten moi boa acollida entre os máis mozos, outros prefiren seguir acudindo á igrexa no horario da misa para confesarse.

A aplicación é de balde e funciona tamén noutros países. 

Noticias web

08/02/2021