CRTVG

Buscar

Unha app busca comensais para as mesas canceladas de última hora

Publicado o 19/08/2021 21:39

Nos restaurantes de maior demanda pode non ser doado atopar unha mesa libre. Unha aplicación de móbil axuda a atopala recuperando as mesas canceladas ou de clientes ausentes.

Nun restaurante de comida xaponesa de inspiración galega acaban de recibir unha cancelación de última hora. Automaticamente outro cliente, que non conseguira anteriormente facer unha reserva, recibe no seu móbil o aviso de que agora si hai unha mesa dispoñible. Esta plataforma de reservas en liña podería acabar co fenómeno do cliente ausente.

Restaurantes de alta demanda onde é complicado atopar unha mesa libre, se non é con antelación, figuran entre os máis interesados nesta app, que tamén comprace a clientela.

Unha axuda para xestionar as reservas que non está de máis neste tempo tan complicado para o sector.

 

Noticias web

19/08/2021