CRTVG

Buscar

Bos días

Unha aplicación web permite coñecer o barco en que viaxaron os emigrantes galegos do século pasado á Arxentina

Publicado o 20/01/2016 09:48

Unha aplicación web do Centro de Estudos Migratorios Latinoamericanos de Bos Aires permite coñecer o barco en que viaxaron os emigrantes galegos do século pasado, así como o ano e outros datos de interese para as familias.

Unha base de datos que consultan anualmente máis dun millón e medio de persoas.

O Centro de Estudos Migratorios Latinoamericanos, o CEMLA, logrou en 30 anos crear unha base de datos dixital con máis de 7 millóns de referencias que permiten ós descendentes de inmigrantes saber o barco, o ano e o porto de saida dos familiares que chegaron á Arxentina.

"No ano 2015 foron 1.600.000 persoas as que ingresaron na web cun tempo promedio de 7 minutos de estancia".

A realización de investigacións ou as cuestións burocráticas son os motivos que atraen a máis xente ata estas instalacións. Ou, coma María, neta de santiagueses, a curiosidade por saber máis sobre as súas raíces e sorprender a un ser querido co documento que acredita a súa travesía transatlántica.

"Meu pai fixo 75 anos e quería regalarllo. Paréceme que é un regalo lindo, diferente e paréceme que lle vai facer moita ilusión".

Dende 1882 ata 1960 saíron dos portos de Vigo, A Coruña e Vilagarcía unhas 800.000 persoas.

Obter un certificado coma este está a un só clic de distancia xa que pode solicitarse por correo electrónico e, por menos de 30 euros, recibilo no seu domicilio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

20/01/2016