CRTVG

Buscar

Unha aplicación que alerta das incidencias de tráfico

Publicado o 21/10/2015 15:07

Dous emprendedores galegos están revolucionando as redes sociais con 'SocialDrive', que xa ten case dous millóns de usuarios en toda España, 400.000 deles en Galicia

Imaxes coma estas, que podemos atopar a diario nas estradas, son a base dun proxecto empresarial polémico, pero que conta xa co apoio de dous millóns de usuarios. SocialDrive é unha rede que alerta aos condutores de incidencias relacionadas co tráfico, tras da que están dous mozos emprendedores de Ferrol que viron nesta demanda unha oportunidade de negocio.

Para forma parte desta rede tan só é necesario descargar a aplicación de xeito gratuíto e, de inmediato, aparecerán no teléfono móbil as alertas correspondentes á zona onde nos atopamos. Todas elas son debidamente comprobadas para evitar erros ou algún tipo de información que non sexa legal. Por iso, os seus impulsores, non ven motivo de polémica coas autoridades de tráfico.

Aínda así, desde tráfico tratan de adaptarse a este tipo de avisos variando a localización de radares e controis nas estradas para garantir, din, a seguridade viaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2015