CRTVG

Buscar

Unha aplicación permitirá poxar nas lonxas galegas desde o móbil

Publicado o 19/02/2018 21:06

As lonxas galegas non queren quedar ancoradas no pasado. Preparan a implantación das últimas tecnoloxías nunha actividade tan tradicional como as poxas. 

En cuestión de meses nin sequera será necesario estar presente para facerse cos lotes de peixe ou marisco. Os compradores poderán poxar cun teléfono móbil ou unha tableta desde calquera lugar do mundo, e ademais poderán facelo simultaneamente en varias lonxas, e coñecendo en tempo real as cotizacións e o volume de capturas desembarcadas. Iso, e moito máis, será posible cunha aplicación testada nos dous últimos anos en Fisterra, e que estará implantada en toda Galicia entre este ano e o próximo.

A dixitalización chega ás tradicionais poxas nas lonxas, un proceso en que axiña se poderá participar desde o móbil. A aplicación deseñada pola adxudicataria do concurso público lanzado pola Xunta de Galicia permite aos usuarios poxar en varios mercados de xeito simultáneo e desde calquera lugar polos produtos da pesca e do marisqueo. O sistema funciona, con éxito, desde hai dous anos en Fisterra. Este ano chegará ás lonxas de Arcade, Cangas, Ferrol, a Illa, Moaña, Portonovo, Redondela, Vigo e Vilaboa e en 2019 estará operativo na totalidade das rulas galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2018