CRTVG

Buscar

Unha aplicación permite mercar produtos a piques de caducar na Coruña

Publicado o 22/04/2019 21:44

Neste restaurante da Coruña teñen máis de 1.000 produtos de comida vegana, é dicir, que non é de orixe animal. O coidado do medio e os residuos cero son parte do seu negocio. Ofrecen aos clientes poder facer pedidos de produtos que teñen próxima a súa data de consumo preferente. O pedido faise a través dunha aplicación para móbil cun desconto do 70%.

En Galicia estímase que se tiran ao ano 170.000 toneladas de comida, é dicir, cada galego desperdicia máis de 60 quilos anuais de alimentos; por iso, cada vez son máis os que dan a benvida a este tipo de iniciativas.

Este outro establecemento de comida orgánica, producida sen químicos nin aditivos, tamén ofrece paquetes cos pratos que lle sobran do día a prezo reducido.

A gastronomía sostible implica novos hábitos alimentarios que pasan pola calidade do produto, a xustiza social e o respecto ao medio.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019