CRTVG

Buscar

Unha aplicación facilita que os árbitros practiquen co VAR

Publicado o 24/05/2020 18:54

Os árbitros prepáranse en tódalas facetas posibles para a volta do fútbol. A Liga completarase con VAR, e os colexiados dispoñen dunha plataforma que simula a súa aplicación.

"Trátase dunha ferramenta moi útil. Non é o mesmo que estar no VOR, pero aproxímase bastante á realidade que vivimos habitualmente no VOR", explicou Iglesias Villanueva.

O galego Iglesias Villanueva e o navarro Prieto Iglesias amosan exemplos da súa utilización.

Xa o ven, todo ok, tamén para os árbitros e para o VAR.
 

Noticias web

24/05/2020