Unha andaina polos codos de Belesar para promocionar o Camiño de Inverno
Unha paisaxe entre viñedos e que tradicionalmente foi o roteiro elexido por peregrinos para facer o Camiño a Santiago no máis crú do inverno. É parte da andaina cultural na que participaron esta mañá o conselleiro de Educación e a directora de Patrimonio.
Divulgar os recursos da Ribeira Sacra e promocionar o Camiño de Inverno é o obxectivo da andaina cultural polos codos de Belesar que veñen de facer o conselleiro de educación e a directora xeral de Patrimonio.
A Xunta xa leva investidos preto de catro millóns de euros na restauración de monumentos e lugares emblemáticos da zona, para promocionala de cara á súa declaración. O primeiro paso é recoñecela como Ben de Interese Cultural.
O Camiño de Inverno, que caera en desuso e que foi recuperado hai uns vinte anos, permite aos peregrinos achegarse a Santiago por zonas menos afectadas polas inclemencias do tempo.
Este treito do Camiño de Inverno parte de Diomondi, no Concello lucense de O Saviñao, xunto a unha igrexa e rectoral restauradas, e transcorre de xeito descendente ata chegar a Belesar.