CRTVG

Buscar

Unha alumna e a súa nai agriden un profesor da Universidade de Vigo

Publicado o 01/02/2019 21:34

Xa é pouco usual que unha universitaria vaia coa súa nai a reclamar unha nota, pero isto que lles contamos foi máis alá. Un profesor da Universidade de Vigo denuncia que nai e filla o encerraron nun despacho e o golpearon cun paraugas. A alumna denunciou o profesor por agarrala da camisa. E todo tras unha discusión por unha nota.

A revisión dun exame na Universidade de Vigo acaba nunha batalla campal e no intercambio de denuncias entre unha alumna e a súa nai e mailo profesor. Nai e filla presentáronse no despacho da Facultade de Económicas para protestar por unha nota. A discusión foi elevando o ton ata que as dúas colleron as chaves e deixaron pechado o profesor na aula.

O docente puido saír cunhas chaves de reposto, e nese momento, segundo denunciou ante a policía, a nai agarrouno mentres a filla batía nel cun paraugas facéndolle unha ferida no nariz. O profesor denunciounas no Xulgado de Instrución número 4 por ameazas e agresión e, segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a alumna tamén denunciou o docente por agarrala da camisa.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019