CRTVG

Buscar

Unha aldea de Santa Comba leva máis de dúas semanas sen teléfono fixo nin Internet

Publicado o 31/01/2020 14:40

Os cables da fibra caeron o día 14 polo forte temporal de vento que houbo nesta zona.
Desde aquela, varias casas de Rebordelos quedaron sen teléfono e sen Internet. Eles mesmos tiveron que retirar os cables que estaban espallados pola pista. E, por moito que chaman para notificar a avaría, din que ninguén pasou por alí a solucionar o problema.

A filla de José ten un salón de peiteado. Di que está a perder clientes estes días porque chaman por teléfono para pedir cita e, ao non ter liña, pensan que está pechado.

E non é o único prexuízo. José di que o seus netos precisan Internet para os seus estudos e estes días teñen que facer as tarefas escolares no Centro Cultural de Santa Comba.

Os veciños afectados nin sequera poden botar man do teléfono móbil porque nesta zona hai pouca cobertura.
Queren recuperar un servizo polo que están a pagar e, insisten, só piden unha cousa.
Porque xa esperaron tempo abondo, din, para que arranxen unha avaría que lles está a complicar a vida e mesmo a causar perdas no negocio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2020