CRTVG

Buscar

Unha aldea da Limia acolle un novo centro para recuperarse das adiccións

Publicado o 08/08/2019 19:15

Unha aldea da Limia acolle un novo centro para tratar adiccións. Trátase dun espazo terapéutico en que a paisaxe e a tranquilidade da contorna son unha ferramenta máis no proceso de recuperación dos seus usuarios. Buscan modificar os seus hábitos de conduta e afrontar o día a día asumindo que padecen unha enfermidade coa que aseguran que  terán que convivir de por vida. 

Zadagós é unha pequena aldea do concello de Sandiás. Hai apenas dez días comezou alí a súa andaina un novo centro de recuperación de adiccións. Á fronte está xente ex-adicta xa rehabilitada, que agora axuda a outros a saír adiante. O seu método baséase en asistir as terapias, gozar da contorna e desconectar da chamada zona cero de consumo. Todo nunha contorna rural, unha ferramenta que xa lles serviu a moitos deles.

Lembran que unha adicción non é máis ca unha enfermidade que hai que tratar para acadar esa nova vida que os axude a mirar cara adiante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019