CRTVG

Buscar

Unha afeccionada aos cogomelos atopa en Monterrei un boleto de máis dun quilo

Publicado o 27/09/2021 13:58

Foron as dimensións pouco comúns para un boleto as que chamaron a atención de Lucía na súa primeira saída este outono na procura de cogomelos. Atopouno ao pé dun carballo preto do castelo de Monterrei.

Nun primeiro momento non o apañou porque o viu xa moi pasado para cociñar, pero máis tarde volveu ao lugar e decidiu collelo para facer alarde do achado.

Lucía vai saír de novo esta mesma tarde a coller cogomelos, o dela son os cogordos, pero desta especie que atopou ben medrada de seguro non se esquece.

 

Noticias web

27/09/2021