CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Unha adega galega lidera un proxecto piloto para ser máis efectivo na produción agrícola

Publicado o 23/09/2014 21:44

Unha adega galega foi escollida entre varias empresas europeas para servir de piloto nun proxecto de investigación e desenvolvemento. Usarán datos de satélites e de sensores colocados na terra para coñecer mellor a contorna das vides. Deste xeito os adegueiros saberán cientificamente por exemplo cando é o mellor momento para a poda.

Aínda que estas vides están na mesma zona non teñen por que madurar ao mesmo tempo ou recibir a mesma cantidade de auga. En cuestión de metros poden cambiar as características. Unha adega do Rosal utilizará datos abertos de satélites e os propios que consigan a pé de vide para participar nun proxecto piloto con outros 8 países europeos. É viticultura de precisión porque lles axuda a coñecer científicamente que lle pasa á vide.

"Con esta técnica o software daranos unhas recomendacións para darlle un tratamento específico a cada zona", di Emilio Rodríguez Canas.

Con precisión os viticultores saberán cando é o mellor momento para a fertilización ou para aplicar un tratamento por exemplo. Todo para obter un produto mellor.

"Deste xeito podemos mellorar o viño que producimos", explica o técnico de Terras Gauda.

En seis meses xa terán os primeiros datos, pero non será ata o 2016 cando notemos a diferenza nun viño mellorado ao milímetro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

23/09/2014