CRTVG

Buscar

Unha adega de Petín inaugura a temporada da vendima na D.O. Valdeorras

Publicado o 29/08/2019 14:20

Coa variedade de uva godello, que é a primeira que madura comeza a vendima na adega María Teresa Núñez Vega en Petín. É que que inaugura a temporada na Denominación de Orixe Valdeorras. Din que a uva ten unha calidade sanitaria, madurez e acidez óptimas.

Hai cantidade e calidade. Dende o Consello Regulador agardan ter unha moi boa colleita e prevén aumentar a cantidade ata superar os 6 millóns de quilos de uva, recuperando as cifras haibituais de Valdeorras.

A vendima botou a andar tamén nunha adega da Ribeira Sacra e no resto de denominacións de orixe galegas. Os labores xeneralizaranse a partir do 15 de setembro, traballos que se estenderán polo menos un mes.

Noticias web

29/08/2019