Unha adega de Monterrei vendima cunha máquina que varea as cepas
Publicado o 28/09/2021 14:02
Unha adega ourensá acaba de incorporar unha máquina coa que, en poucos anos, agarda poder mecanizar todo o proceso da vendima.
Cando os depósitos da máquina están xa cheos, baléiranse e a uva trasládase á adega onde se verte nas tolvas vibratorias.
Coa máquina de vendimar é máis doado organizar o traballo, din dende a Adega Tapias Mariñán, para apañar a uva no seu momento óptimo de maduración e dun xeito máis rápido.
De non mercar esta máquina, a adega tería hoxe vendimando nesta viña 250 xornaleiros.
De apañar e pisar a uva no monte en lagares rupestres, a vendimar a máquina e en poucos minutos, así cambiou a vendima en Monterrei.