CRTVG

Buscar

Unha adega de Arbo somerxe cen botellas de viño no Mediterráneo para a crianza

Publicado o 11/06/2019 14:47

As cen botellas desta adega de Arbo xa están baixo augas do mar Mediterráneo, a uns 20 metros de profundidade. Alí rematarán o seu proceso de crianza, valorarase o comportamento deste viño baixo a auga e como afecta o seu sabor.

E neses silos estarán tres meses. Tres meses onde a presión da auga e da lúa serán determinantes. Tamén a temperatura constante, que axudará a unha evolución do viño sa e permitirá a adiantar o proceso de crianza.

Nesta adega de Arbo tamén están facendo probas reais en minas de auga e en pozas a varios metros de profundida para poder valorar mellor eses resultados e facer as súas comparativas.

Esta experiencia, que non é nova, realizarase en botellas de Marqués de Vizhoja, de Torre La Moreira, cen por cento albabriño, e Señor Folla Verde. Os resultados coñeceranse en xullo. Quen sabe se este proxecto innovador traerá consigo una marca de viño na zona das Rías Baixas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019