CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Unha adega da Ribeira Sacra saca un viño co selo de Galicia Calidade

Publicado o 14/02/2018 14:50

Unha adega de Belesar, no corazón da Ribeira Sacra, saca estes días ao mercado o Vía Romana Añada 2016, un viño que por segundo ano sae á venda baixo o amparo da certificación de Galicia Calidade. E nesta ocasión faino cunha importante novidade: as súas etiquetas van en braille

En braille e tamén á maneira tradicional, para falar dun viño que non precisa presentación. Esta adega da Ribeira Sacra apostou desde a súa posta en marcha por un caldo repousado, madurado en depósito e en botella. E así sae ao mercado desde hai case unha vintena de anos.

E neste mes de febreiro chega ao mercado o Via Romana Añada 2016, un viño que conta de novo co selo de Galicia Calidade. Son 120.000 botellas dun caldo que goza de numerosos premios e pretixio no mundo vitivinícola.

Esta nova anada mantén viva a esencia da primeira colleita de 1998, sumándose agora a innovación e a experiencia que dan o paso dos anos. Algo que fai posible que esta adega estea presente en máis de vinte países de todo o mundo.