CRTVG

Buscar

Unha acción vandálica deixa estragos en casetas da praia fluvial Pozo do Boi de Vilatuxe

Publicado o 26/06/2019 13:09

Na praia fluvial de Vilatuxe, en Lalín, unha acción vandálica deixa danos en dúas instalacións públicas. Unha caseta de madeira e os vestiarios deste espazo natural coñecido como Pozo do Boi foron o obxectivo dos estragadores.

Na zona dos baños danaron o pomo dunha porta e na caseta de almacenaxe escacharon as ventás e outros elementos da construción. No interior non había nada.

O concello de Lalín denunciou os feitos ante a Garda Civil. Todo apunta a que o autor ou autores só pretendían estragar. Agora a reparación pagarana todas e todos os veciños, a través dos presupostos municipais, para que estea todo listo para a apertura desta campaña na próxima fin de semana.

Noticias web

26/06/2019