CRTVG

Buscar

Unha ABAU atípica na Mariña

Publicado o 07/07/2020 20:52

O peche temporal das comarcas da Mariña condicionou as probas da ABAU, a antiga selectividade. As restricións á mobilidade fixeron que os máis de 300 alumnos da comarca da Mariña tiveran que acudir a realizar os exames ao instituto de Viveiro, onde se concentraron as probas.

Policía Local e Protección Civil supervisan que se cumpra o distanciamento de dous metros e o uso de máscara. Tamén que non se xunten grupos de máis de 10 persoas nos exteriores. Houbo que aumentar as aulas e espazos para realizar os exames e tamén os profesores de vixilancia.


 

Noticias web

07/07/2020