Unha app luguesa axuda hostaleiros e clientes a cumprir coas restricións
Basta con descargar este código nos locais de hostalería e xa se pode pedir a consumición e pagala no momento. Mesmo podemos pedila dende a casa e reservar unha mesa para tomala. Esta aplicación chamada BIP concibiuse hai dous anos, pero é agora cando se fai máis útil por causa da pandemia. Grazas a ela rexístranse os clientes que acoden os locais, o que facilita os seguimentos. E os camareiros só teñen que servir no canto de recibir o pedido, poñelo na mesa, cobrar e levar as voltas, co que se minimiza o contacto.
"Para o usuario poder pagar directamente dende a mesa, axilizar as comandas, ter un rexistro da xente que visita o local e as horas que entran e saen", explica Leandro Rodríguez, cocreador da app: "Un factor determinante para prever contaxios. Podemos identificar de forma anónima as persoas que acoden aos locais de hostalería", engade o seu colega Jacobo Lázare.
Os traballadores da hostalería ven moi positiva esta nova ferramenta e cren que en pouco tempo este tipo de tecnoloxías serán maioritarias no seu traballo."Saénos nunha pantalla o que piden. E como xa está pagado só temos que levalo, sen máis contacto", di Vanessa González.
Polo de agora a aplicación é gratuíta para clientes e hostaleiros. Unha forma de axudar a reactivación da hostalería.