CRTVG

Buscar

Unanimidade na Deputación de Lugo para esixir a intermediación da SEPI na venda de Alcoa

Publicado o 29/06/2021 16:34

Unanimidade na Deputación de Lugo para esixirlle ao Goberno central un compromiso de intermediación na venda da factoría de Alcoa en San Cibrao. PP e PSOE apoiaron a iniciativa presentada polo BNG nun pleno que foi seguido con atención por traballadores da factoría.

Esta tarde o comité de empresa vai reunirse cun dos posibles compradores e tamén coa ministra de Industria. Agardan que Reyes Maroto apoie a intervención da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) na operación.

Noticias web

29/06/2021