CRTVG

Buscar

Unanimidade no Parlamento para pedir ao Goberno rebaixar a autoestrada Santiago-Dozón

Publicado o 29/09/2021 16:05
Unanimidade no Parlamento para pedir ao Goberno rebaixar a autoestrada Santiago-Dozón

O Parlamento de Galicia demanda ao Goberno central bonificacións nas peaxes da AP-53, a autoestrada que conecta Santiago de Compostela e Ourense.

A iniciativa, defendida polo grupo popular, reclama descontos para os usuarios recorrentes, para os transportistas e para as familias numerosas similares aos que se aplican na AP-9. A proposta contou co apoio dos grupos da oposición.

Noticias web

29/09/2021