CRTVG

Buscar

Unai Sordo lamenta que non haxa unidade sindical en Galicia no acordo de diálogo social

Publicado o 25/09/2020 15:00
Unai Sordo lamenta que non haxa unidade sindical en Galicia no acordo de diálogo social

Comisións Obreiras de Galicia reuniu esta mañá o seu Consello Nacional.

Fíxoo coa presenza do secretario xeral confederal, Unai Sordo, que analizou en Santiago o escenario laboral que abre a crise sanitaria. O líder do sindicato en Galicia defendeu a importancia do diálogo social para buscar solucións, tal e como acordaron a Xunta, a patronal e Comisións Obreiras e UXT. Ramón Sarmiento lamentou que non haxa unidade sindical nun momento decisivo, en alusión á ausencia da CIG deste diálogo social.

Noticias web

25/09/2020