CRTVG

Buscar

Unai Emery, un técnico formado en Ferrol, gaña a súa cuarta Europa League

Publicado o 27/05/2021 06:39
Unai Emery, un técnico formado en Ferrol, gaña a súa cuarta Europa League

Os números de Unai Emery na Europa League son incribles. Con catro títulos supera a Giovanni Trappattoni como o adestrador con máis galardóns. Unai Emery comezou a formarse como adestrador na súa etapa no Rácing de Ferrol (xogou dúas temporadas) e sempre confesou a súa admiración polo Deportivo de Irureta. 

Emery fixo historia co Vilarreal, que gañou o seu primeiro título europeo ante o Manchester United nun partido que rematou en empate a un e que se tivo que decidir nunha dramática quenda de penaltis (11-10). Acertaron todos os xogadores de campo e só fallou no duelo de porteiros David De Gea.