CRTVG

Buscar

Una moza resulta ferida grave nun accidente de tráfico esta mañá en Cuntis

Publicado o 19/05/2019 15:24

Unha moza veciña de Cuntis, de 19 anos, resultou ferida esta madrugada nun accidente no que chocou lateralmente contra outro vehículo. A rapaza foi trasladada con feridas graves ao hospital de Montecelo. A parella ocupante do outro turismo saíu ilesa do sinistro.

Este é o momento no que os servizos de emerxencia encarganse de retirar os veículos implicados nunha colisión que aconteceu sobre as seis desta mañá, a altura do tanatorio da vila pontevedresa de Cuntis. Un monovolume, no que viaxaba unha parella, colidía contra un turismo que estaba a atravesar a vía dende un cruzamento, segundo os primeiros indicios. Como consecuencia do impacto o turismo batía contra o valo dunha vivenda lindeira.

A condutora, de dazanove anos e veciña de Cuntis, quedou atrapada no interior do veículo. Foi o condutor do monovolume o que conseguiu sacala do coche. A moza permaneceu en todo momento consciente pero presentaba un corte na testa, polo que foi trasladada ao hospital Miguel Dominguez de Pontevedra.

Os pasaxeiros do outro coche non sufriron ferida ningunha,con todo os danos materiais en ámbolos dous veículos foron cuantiosos. Ao lugar desprazaronse medios do 061, Garda Civil de Tráfico e os servizos de emerxencias de Cuntis. No lugar de onde proviña o coche da vítima existe unha sinalización de detención obrigatoria antes de incorporarse á vía.

Durante a noite producironse numerosos sinistros viarios en Galicia, aínda que todos eles saldáronse sen consecuencias graves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2019