CRTVG

Buscar

Un xurado popular xulgará dous asasinatos no crime de Susqueda

Publicado o 16/05/2018 15:05

O acusado polo dobre crime do pantano de Susqueda en Xirona será xulgado por un xurado popular por dous delitos de asasinato.

Hoxe prestaba declaración ante o xuíz, pero acolleuse ao seu dereito a non facelo. Esta comparecencia fíxose despois de que un compañeiro de cela dixera que o detido lle confesou que o seu fillo era o autor do crime. A defensa pediu o sobresemento provisional da causa alegando que non hai indicios suficientes de criminalidade e presentando trinta probas novas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018