CRTVG

Buscar

Xulgan un veciño de Narón acusado de agredir sexualmente a exmuller

Publicado o 08/03/2021 14:11

Un veciño de Neda senta no banco dos acusados da Audiencia Provincial da Coruña. A fiscala pide 15 anos de cárcere para un delito de agresión sexual, violación de morada e coaccións. Segundo a denuncia, o acusado acudiu ao domicilio da súa exmuller e un dos fillos abriulle a porta.

Unha vez no interior, dirixiuse ao cuarto en que estaba a muller, que lle pediu que marchase, pero inmobilizouna agarrándolle os brazos e logrou forzala a manter relacións sexuais.

No escrito da acusación pública recóllese que o procesado nunca aceptou a ruptura, nin que ela saíse con amigas e iniciase outra relación sentimental, polo que lle enviou numerosas mensaxes coa intención e atemorizala, ademais de volver entrar na vivenda e esperar a que ela chegase.

A defensa recoñeceu o delcto de violación do domicilio, polo que lle piden 3 anos e 6 meses de cadea, pero nega existencia da agresión sexual e das ameazas, que segundo a acusación, facía de xeito continuado. Ademáis argumento  que cando entrou no casa da súa ex muller o fixo mentres estaba bébedo.

Segundo a Fiscalía, o procesado e a suposta vítima estiveron casados 20 anos e tiveron dous fillos. A relación finalizou no ano 2004, cando ela denunciouno por malos tratos, polo que o condenaron a oito meses de prisión, pena que foi cancelada en outubro do 2016.

Con posterioridade a esa denuncia retomaron a relación ata o ano 2015, momento no que iniciaron os trámites de divorcio, que culminaron cun acordo en 2017.

No convenio regulador establecíase que el continuase no domicilio familiar, mentres que a muller e os fillos cambiábanse a outra vivenda propiedade dos avós paternos dos menores. O home está diagnosticado de etilismo crónico e depresión.

Noticias web

08/03/2021