CRTVG

Buscar

Un xuíz de Vilagarcía ordena o internamento psiquiátrico dun detido por violencia machista

Publicado o 03/06/2021 12:38
Un xuíz de Vilagarcía ordena o internamento psiquiátrico dun detido por violencia machista

Un home agrediu presuntamente a súa exparella dentro dunha cafetería en Vilagarcía. O individuo xantaba coa súa nai nun establecemento de hostalería situado no interior deste centro comercial, cando provocou un altercado ao atoparse coa súa exparella.

Ante a violencia da situación, os responsables do negocio chamaron a policía, que prendeu por violencia machista o individuo.

O xuíz ordenou o internamento psiquiátrico do agresor, que ten uns 30 anos.



 

Noticias web

03/06/2021