CRTVG

Buscar

Un xulgado de Santiago obriga a illar un home que deu positivo por coronavirus

Publicado o 23/06/2020 18:28

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago dálle a razón ao Sergas e obriga a localizar este home que deu positivo por coronavirus. O afectado, de 35 anos, negouse a cumprir coas instrucións sanitarias.

O organismo imponlle un illamento obrigatorio, ben na súa casa ou ben nun centro médico adecuado. O home foi diagnosticado de coronavirus o domingo e cando acudiron ao seu domicilio a comprobar se seguía as indicacións médicas viron que non estaba.

O xuíz ordena o confinamento forozoso baseándose no informe médico do Hospital Clínico de Santiago, ao considerar que supón un risco grave para a saúde pública. O maxistrado apóiase ademais noutras sentenzas precedentes de xulgados de Barcelona e Santander.

Máis sobre Santiago de Compostela