CRTVG

Buscar

Un xulgado de Madrid investiga o expresidente da SEPI polo rescate de Plus Ultra

Publicado o 21/04/2021 15:15

Un xulgado de Madrid investiga o rescate do Goberno a Plus Ultra. A xuíza decidiu abrir dilixencias tras unha denuncia de Manos Limpias, que ve presuntos delitos de malversación e prevaricación na decisión tomada pola SEPI.

A instrutora solictoulle á Sociedade de Participacións Industriais o expediente completo que autorizou a axuda de 53 millóns á aeroliña. As dilixencias diríxense contra Bartolomé Lora, daquela presidente do organismo, e o seu consello de administración.

Noticias web

21/04/2021