CRTVG

Buscar

Un xulgado de Asturias recoñécelle a unha muller o maltrato psicolóxico e a incapacidade para traballar

Publicado o 25/11/2020 15:41

Son invisibles e moi difíciles de probar, pero os malos tratos psicolóxicos xa poden ser motivo de incapacidade laboral. Un xulgado do social de Oviedo acaba de xubilar unha muller polas secuelas que lle ocasionou a violencia psicolóxica exercida polo seu marido. Asegura a maxistrada que os anos de convivencia causaron na muller graves patoloxías que lle impiden desenvolver unha profesión.

Ten dereito a cobrar unha pensión. Máis de 400 euros en 14 pagas. A muller está anulada, depresiva, con cadros de ansiedade, en definitiva, segundo unha sentenza do social de Oviedo, incapacitada para traballar polas secuelas que lle ocasionou o maltrato psicolóxico do seu marido durante anos.

É a primeira vez que se teñen en conta as secuelas da violencia psicolóxica para conceder unha pensión. Un tipo de maltrato invisible, non deixa pegada non corpo pero si na mente, moi dificil de demostrar ante un xuíz, pero non imposible.

Unha porta de esperanza ábrese no terreo laboral para as vítimas da violencia de xénero.

Noticias web

25/11/2020