CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Un xuíz ordenou a detención e a prohibición de saír do país da presidenta de Nais da Praza de Maio, Hebe de Bonafini

Publicado o 05/08/2016 15:06

E na Arxentina, un xuíz ordenou a detención e a prohibición de saír do país da presidenta das Nais da Praza de Maio, Hebe de Bonafini.

A titular da entidade pro Dereitos Humanos está acusada de declararse en rebeldía por non acudir a testificar nunha causa por presunta fraude ao Estado.

Unha orde de detención e a prohibición de saír do país recaiu sobre a líder da organización arxentina Madres de Plaza e Mayo, Hebe de Bonafini.

A decisión do xuíz chegou logo de que non comparecese a declarar na causa que a investiga por unha suposta fraude ó Estado a través dun programa de construcción de vivendas sociais xestionado pola organización pro Dereitos Humanos e na que tamén están implicados exaltos cargos dos Gobernos de Néstor e Cristina Kirchner.

A pesar de todo, Bonafini, de 87 anos, desafiou á Xustiza e acudiu á súa tradicional ronda dos xoves fronte á Casa Rosada, para recordar cos seus panos brancos, ós desaparecidos durante a última ditadura, que arrasou o país ata 1983.

O intento de rexistro e arresto frustado deu pé a unha multitudinaria marcha polo centro de Bos Aires na que tamén participaron diversas autoridades kirchneristas.

"Imos seguir nesta posición inclaudicable de non deixar que sigan a avanzar sobre nós", dixo Hebe de Bonafini, Presidenta das Nais da Praza de Maio.

Para Bonafini o sucedido é unha vergoña e unha estratexia do Goberno actual para asustar á poboación. E asegurou que se negou a declarar porque leva 40 anos padecendo as agresións da que considera mal chamada xustiza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí