CRTVG

Buscar

Un xuíz investiga a Podemos por malversación e administración ilegal tras a denuncia do ex-avogado do partido

Publicado o 22/07/2020 15:15

O titular do xulgado numero 42 de Madrid abre dilixencias contra Podemos por un presunto delito de financiamento ilegal da formacion que lidera Pablo Iglesias tras a denuncia presentada polo ex-avogado do partido

José Manuel Calvente foi despedido tras advertir de presuntas irregularidades, que despois denunciou ante a Garda Civil. Os axentes elaboraron un atestado en que aprecian presunta administración ilegal e malversación de cartos publicos na xestión de Podemos. A Garda Civil apunta a posible existencia dunha caixa B e presume a existencia dunha infracción penal. Agora o maxistrado abriu unha investigacion e solicitou máis información das forzas de seguridade, amais de chamar a declarar o ex-avogado de Podemos e outra letrada que fora despedida canda el.

Noticias web

22/07/2020