CRTVG

Buscar

Un xuíz imputa sete membros da ex-cúpula dos Mossos polo referendo do 1 de outubro

Publicado o 11/10/2018 21:18

Un xuíz de Cornellá imputa sete membros da ex-cúpula dos Mossos d'Esquadra pola súa actuación no referendo do 1 de outubro.
Son catro comisarios, dous intendentes e unha xefa de servizo, que formaban o equipo directo de Josep Lluis Trapero naquel momento. Todos eles están citados a declarar nos próximos meses como investigados, ante a sospeita de que desobedeceron ou mandaron desobecer as ordes xudiciais. Entre eles está Ferrán López, o xefe dos Mossos tralo 155, que xa declarou na Audiencia Nacional pola misma causa
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018