CRTVG

Buscar

Un xuíz decide procesar o derradeiro equipo de Rita Barberá

Publicado o 20/10/2021 08:08
Un xuíz decide procesar o derradeiro equipo de Rita Barberá

Un xulgado de Valencia decidiu procesar o derradeiro equipo de goberno da falecida Rita Barberá e tamén o PP de Valencia no marco do caso Taula. Os procesados foron concelleiros e asesores do grupo municipal. O maxistrado procesáraos por branqueo de cartos con fins electorais. Os encausados recibiron diñeiro negro do partido, mil euros cada un, que despois branqueban mediante transferencia bancaria en contas do PP para sufragar a campaña electoral das eleccións locais de 2015.

Noticias web

20/10/2021